Para pechar o programa Traballando pola Igualdade no CEP de Ventín o próximo sábado día 7 de novembro celebraremos unhas Xornadas nas que aproveitaremos para aprender e reflexionar.
As xornadas están dirixidas a toda a comunidade educativa: familias, profesorado, monitoraxe, persoal auxiliar e en xeral a calquera que teña interés pola igualdade.
ENas Xornadas daranse a coñecer os resultados do Concurso de Ideas pola Igualdade e do Concurso do Samaín en Igualdade.
Dada a situación acual, as Xornadas realizaranse de modo online e por motivos de organización é necesario inscribirse previamente.
Animámosvos a participar!
Para asistir ás Xornadas é preciso inscribirse cubrindo o seguinte formulario.
O día das Xornadas enviarémosvos a información sobre como acceder:
Apertura da recepción de ideas para o Concurso de Ideas pola Igualdade
Data límite para votar as túas creacións favoritas do Samaín en Igualdade
Data límite para o envío de ideas do Concurso de Ideas pola Igualdade
Peche das inscricións
Celebración das Xornadas
(de modo online)
Horario | Actividad |
---|---|
16:30 - 16:45 | Benvida |
16:45 - 17:00 | Prevención da violencia de xénero, Mª Teresa Arufe Vázquez (CIM Ames) |
17:00 - 17:15 | Uso adecuado da internet e as novas tecnoloxías, Fernando Suárez Lorenzo (CPEIG) |
17:15 - 17:30 | Defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans, Isabel Noya González (Arelas) |
17:30 - 17:45 | Todo nen@ merece unha familia, Carmen Dourado Rodríguez (Acougo) |
17:45 - 18:00 | Mesa redonda |
18:00 - 18:15 | Resumo sesións de formación co alumnado, Javier Cacheiro López (ANPA As Brañas) |
18:15 - 18:30 | Resultados Concurso de Ideas |
18:30 - 18:45 | Resultados Samaín en Igualdade |
18:45 - 19:00 | Presentación da Xincana pola Igualdade |
19:00 - 19:15 | Despedida |
Isabel Noya González
Secretaria ARELAS
Carmen Dourado Rodríguez
Presidenta Acougo
Fernando Suárez Lorenzo
Presidente CPEIG
Mª Teresa Arufe Vázquez
Directora CIM de Ames